25/03/2025

O impacto da intelixencia artificial no marketing empresarial | Cátedra de Empresa Familiar UVigo

A Cátedra de Empresa Familiar da UVIGO que dirixe a investigadora permanente de ECOBAS Elena Rivo organiza, no marco das súas actividades de portas abertas, a conferencia “O impacto da intelixencia artificial no marketing empresarial”, intervención que correrá a cargo da directora xeral de Dentsu X, María Álvarez GómezO acto contará ademais coa participación do presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, José Silveira

Á fronte de Dentsu en España dende 2024, María Álvarez Gómez foi anteriormente managing director de The&Partnership, de WPP (actual T&Pm), grupo no que tamén exerceu o mesmo cargo para a súa axencia de medios mSix&Partners, traballando na integración de media, creatividade e data/tecnoloxía. Ao longo da súa carreira profesional traballou tamén para compañías como Publicis Media, Zenith, maxus ou Mediaplus, entre outras.

Informacións prácticas:

  • DATA: Martes día 25 de marzo de 2025
  • HORA: 10:00 h.
  • ASISTENCIA PRESENCIAL: Acceso libre ata completar aforo. Lugar: Facultade de Comercio. Rúa do Conde de Torrecedeira, 105 – VIGO
  • ASISTENCIA ONLINE: Retransmisión en directo vía Teams. Imprescindible a activación do REXISTRO PREVIO:
    • Recibirás un correo de confirmación coa ligazón para acceder á retransmisión
    • Recomendamos realizar o rexistro con alomenos 15 minutos de antelación á hora de comezo da actividade

Se precisas dirixirnos unha consulta, escríbenos a