30/09/2026

O camiño cara a unha lonxevidade en comunidade

Vigo, mércores 30 de setembro, 2026

Museo MARCO de Vigo · Galería planta baixa.  Rúa do Príncipe, 54

Saber como queremos envellecer é un dos maiores retos sociodemográficos para Galicia, un dos territorios máis lonxevos de Europa. A terceira idade é un dos segmentos de poboación aos que presta especial atención a investigación desenvolvida por ECOBAS, tal como amosan diversos traballos realizados no marco da nosa axenda científica.

Para achegarnos a esta realidade, a investigadora Eva Rodríguez-Míguez estará o mércores 30 de setembro en Vigo na xornada “O camiño cara a unha lonxevidade en comunidade”, organizada pola Fundación Grandes Amigos, no marco da cal ofrecerá a charla “Custos tanxibles e intanxibles da soidade non desexada”.

A catedrática da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo, coautora do estudo ‘O custo da soidade non desexada en España’. Xunto a outros relatores, Eva participará na mesa titulada ‘O impacto da soidade e a súa abordaxe’.

Estimulación social, participación, saúde xeriátrica, serán cuestións abertas á reflexión para xenerar respostas colectivas orientadas a mellorar as condicións de vida e a dignidade das persoas na súa derradeira etapa vital.

Na véspera do Día Internacional das Persoas Maiores, esta xornada reunirá a profesionais do ámbito social, a saúde e os coidados, representantes de institucións públicas, empresas, mundo académico e investigador e medios de comunicación. A participación é aberta á cidadanía e gratuíta, previa inscrición.

INFORMACIÓNS PRÁCTICAS E INSCRICIÓN

  • DATA e HORARIO: Mércores 30 setembro 2026, de 9:30 a 13:30 h.
  • LUGAR: Museo MARCO de Vigo · Galería planta baixa. Rúa do Príncipe, 54
  • ASISTENCIA: presencial. IMPRESDINDIBLE INSCRICIÓN no formulario habilitado aquí.