13/06/2024

Mirabelle Muûls, Imperial College: “Regulatory carbon markets, drivers of decarbonisation? Their impact on firms’ decissions”

Xoves, 20 de Xuño de 2024 – De 14.30 h a 15.30 h (CET)

** Esta conferencia será ofrecida en aberto en formato online en directo a través da canle de ECOBAS en YouTube

Un selecto grupo científico conformado por persoal investigador de primeiro nivel mundial no ámbito da economía climática, ambiental e enerxética compartirá os vindeiros 20 e 21 de xuño na Illa da Toxa os seus achados e actuais liñas de traballo con motivo do 10º Atlantic Workshop on Energy and Environmental Economics que organiza Economics for Energy.

ECOBAS, entidade colaboradora do evento, como Centro de Investigación Interuniversitario especializado nos asuntos ligados á sostibilidade económica, ambiental e social, ofrecerá mediante emisión en aberto a conferencia a cargo de Mirabelle Muûls, unha das grandes expertas en economía experimental e no deseño e avaliación de políticias climáticas.

MIRABELLE MUÛLS:

“Regulatory carbon markets, drivers of decarbonisation? Their impact on firms’ decissions”

Profesora do Imperial College Business School

Codirectora do Hitachi-Imperial Centre for Decarbonisation and Natural Climate Solutions

Xoves 20 de xuño de 2024 de 14.30 a 15:30 h 

***Emisión en directo mediante streaming de vídeo na canle de ECOBAS en YouTube.

Información completa sobre o evento na web oficial do 10th Atlantic Workshop on Energy and Environmental Economics.

Colaboran:

   

Colaboran: