O xénero na transferencia do coñecemento e no emprendemento das universidades españolas
Emprendemento e mulleres investigadoras é o marco no que se sitúa o estudo “Indicadores de género en el emprendimiento de I+D+i”, un proxecto no que participan os principais centros de referencia en I+D+i de todo o territorio nacional, entre os cales se encontra ECOBAS, e que persegue dous obxectivos principais:
- coñecer como é o rol actual das mulleres en proxectos de transferencia e emprendemento na I+D+i en España
- elaborar unha metodoloxía que permita transformar a realidade neste eido, potenciando o rol das investigadoras con actitude e aptitude científica e xestora, especiamente na área do emprendemento
O estudo, que entre outros indicadores mide a brecha de xénero na calidade da investigación aportada por mulleres, con especial atención ao ámbito do emprendemento, tamén inclúe unha metodoloxía aplicada para a obtención duns novos indicadores relativos á capacidade de liderado e influencia das mulleres dentro do ecosistema investigador.
Compartindo esta innovadora perspectiva, a investigadora permanente de ECOBAS, Sara Fernández López, pronunciará a conferencia “Dinámicas de xénero na transferencia do coñecemento e emprendemento nas universidades españolas: teorías e realidades” no marco da xornada de presentación do estudo que terá lugar o vindeiro 15 de febreiro en Madrid.
O encontro, organizado pola USC co Ministerio de Igualdad, o Instituto de las Mujeres, o Colegio de Economistas de Madrid e Innovatia 8.3, tamén poderá seguirse por streaming de vídeo:
- Xornada: Presentación do estudo “Indicadores de género en el emprendimiento de I+D+i”
- Data: Xoves, 15 de febreiro 2024
- Horario: de 9:30 a 12:00 h (CET)
- Presencial: Colegio de Economistas de Madrid (C/Flora 1-1º 28013 Madrid).
- Online: retransmisión a través de YouTube.
- Clic aquí para máis información
- Acceso ao formulario de inscrición
- Descargar programa completo