08/03/2024

I+D+i con perspectiva de xénero: Transferencia de coñecemento e emprendemento feminino

A “Cultura da igualdade: sensibilización, visibilización e comunicación” constitúe o primeiro dos eixos do Plan de Acción en Materia de Igualdade 2022-2025 de ECOBAS. Entre os nosos obxectivos neste eido están o impulso ao compromiso do noso Centro coa igualdade de xénero e a implicación na búsqueda dunha contorna máis xusta, facendo patentes as desigualdades que persisten e identificando as causas que as provocan.

Dende este enfoque, convidamos a toda a comunidade ao encontro online “I+D+i con perspectiva de xénero”, unha sesión que levaremos a cabo o vindeiro 8M e na que contaremos coa investigadora de ECOBAS Sara Fernández López, quen nos dará a coñecer o estado da cuestión no ámbito do emprendemento e a transferencia do coñecemento na I+D+i.

Agardámosvos!!