
06/07/2026
I Congreso Internacional UTransfer: Transferencia de coñecemento e innovación social nas institucións de ciencia e innovación
Santiago de Compostela, luns 6 de xullo, 2026
Como as universidades españolas poden ampliar a súa implicación en actividades de transferencia e chegar máis aló da comercialización do coñecemento?
Trascender a dimensión estritamente tecnolóxica e/ou económica é tamén a misión das universidades, proceso que require da intensificación e mellora da colaboración con empresas, ONGs e organizacións da sociedade civil.
ECOBAS, como parte do seu labor de contribución á transferencia do coñecemento en ciencias sociais, colabora co proxecto UTransfer na organización do seu primeiro congreso internacional.
Para analizar o estado da situación e coñecer iniciativas en marcha neste eido, ECOBAS colabora na organización desta primeira reunión das entidades involucradas no proxecto de investigación UTransfer, financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades (ref. PID2023-153304OB-I00):
- Agencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas
- Universitat de València
- Universidade de Santiago de Compostela
- Universidad de Salamanca
- Universidad Pública de Navarra
- Universidad de Zaragoza
I Congreso Internacional UTransfer:
“Transferencia de coñecemento e innovación social nas institucións de ciencia e innovación”
📥 Programa preliminar (PDF) ✍🏻 Inscrición gratuíta AQUÍ
📅 Luns 6 de xullo de 2026📍Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC

I Congreso Internacional UTransfer:
“Transferencia de coñecemento e innovación social nas institucións de ciencia e innovación”
📥 Programa preliminar (PDF) ✍🏻 Inscrición gratuíta AQUÍ
📅 Luns 6 de xullo de 2026📍Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC
