G-Night: Noite Galega das Persoas Investigadoras
ECOBAS volverá ser parte activa da Noite Europea das Persoas Investigadoras este outono, no ano do seu décimo aniversario. A G-Night terá lugar de novo en Galicia o vindeiro 29 de setembro, coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixe temático dunha chea de actividades.
Baixo o lema Conciencias Creativas, unha decena de entidades do ecosistema galego de I+D+i encherán de contidos un macro evento que se desenvolverá de forma simultánea nas sete cidades galegas e coa coordinación da Universidade de Vigo.
A información completa e a axenda programada para cada unha das cidades, dispoñible na web oficial do evento.
O proxecto Galician Night of Researchers é un evento asociado á MSCA e Cidadanía, unha iniciativa da Unión Europea financiada por Marie Sklodowska Curie Actions. Identificador da convocatoria HORIZON-MSCA-2022-CITIZENS-01 (Marie Sklodowska-Curie Actios European Researchers’ Night 2022-2023).