G-Night 2025: Noite Galega das Persoas Investigadoras
ECOBAS volverá ser parte activa da Noite Europea das Persoas Investigadoras, un macroevento de divulgación científica no que o noso equipo non pode faltar. Este ano, a G-Night celebra a súa cita o vindeiro 26 de setembro, coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixe temático dunha chea de actividades.
Baixo o lema Conciencias Creativas, unha ducia de entidades do sistema galego de I+D+i colaboran para encher de contidos un macro evento que se desenvolverá de forma simultánea nas sete cidades galegas baixo a coordinación da Universidade de Vigo. A información completa e a axenda programada para cada unha das cidades, dispoñible na web oficial do evento. ECOBAS contará cun equipo interuniversitario especializado en finanzas para xogar coa cidadanía no espazo Os teus cartos, o teu benestar: xogando coa alfabetización financeira, no marco da Expofeira Científica do Edificio Redeiras, en Vigo.
Dende a investigación en ciencias sociais estudamos, entre outras moitas cousas, a relación das persoas co diñeiro, un asunto que moito nos intriga e que imos explorar en vivo. Nesta G-Night poderemos facelo a través de xogos cos que reflexionar e divertirte, ao tempo que melloras a túa alfabetización financeira.
O proxecto Galician Night of Researchers é un evento asociado á MSCA e Cidadanía, iniciativa da Unión Europea financiada por Marie Sklodowska Curie Actions. Identificador da convocatoria HORIZON-MSCA-2023-CITIZENS-01 (Marie Sklodowska-Curie Actios European Researchers’ Night 2024-2025).