29/06/2021

Envío de candidaturas para o Pont-Up Store – Espazo de emprendemento

Pont-Up Store / 24-25 de Setembro / Praza de España / Pontevedra

Inscricións abertas 

Xa é posible presentar candidaturas para participar no Pont-Up Store 2021 que se celebrará os días 24 e 25 de setembro na Praza de España de Pontevedra.

Aínda que moitos dos nosos stands están xa ocupados como resultado da convocatoria do 2020, que tivemos que adiar por mor da COVID-19, a reubicación de datas supuxo que 8 dos 36 emprendementos seleccionados mostrasen a súa imposibilidade de asistir este ano por diversos motivos, polo que decidimos abrir unha convocatoria extraordinaria especialmente dirixida a persoas emprendedoras valentes que puxeron en marcha a súa empresa en plena pandemia (entre 2019 e 2021).

Este novo proceso de recepción de candidaturas estará aberto entre o 28 de xuño e o 4 de xullo e, respondendo a unha petición máis que repetida nas anteriores edicións, tamén estará aberto a todos aqueles emprendementos que xa participaron en pasadas edicións do evento e que presenten unha innovación destacable que lles permitira afrontar con éxito a situación xerada pola COVID-19.

Que buscamos con este mail?

  • Que presentes a túa candidatura se te atopas nun dos casos mencionados anteriormente.
  • Que reenvíes este mail ás persoas emprendedoras que se atopan entre os teus contactos que creas que poidan estar interesadas en participar no Pont-Up Store 2021. 

Inscribe a túa empresa

O Pont-Up Store é unha iniciativa liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, froito da cooperación de máis de 50 entidades públicas e privadas que durante estes anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra durante tres días na capital galega das mellores iniciativas empresariais.

Agardamos as vosas candidaturas! 

Atentamente,
Daniel Gallego Ortigueira
Anabel Pérez Xesteira

Secretaría Técnica do Pont-Up Store