
18/10/2024
Encontro científico ECOBAS 2024
ECOBAS celebrará o vindeiro día 18 de outubro en SANTIAGO DE COMPOSTELA o ENCONTRO CIENTÍFICO 2024
A cita, á que se convoca a todo o persoal adscrito ao Centro, servirá como espazo de reflexión e encontro, debate e planificación, a través das reunións dos distintos comités de traballo. A axenda do día contará en sesión pechada para os membros de ECOBAS coa conferencia maxistral do profesor Manuel Rocha Armada, da Universidade do Minho.
Consulta o pdf co programa da sesión
A xuntanza, de carácter presencial, terá lugar nesta ocasión no Centro de Estudos Avanzados USC, en SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Informacións prácticas:
- LUGAR: Centro de Estudos Avanzados USC. Parque de Vista Alegre. Rúa das Salvadas, s/n. 15782 Santiago de Compostela.
- DATA: Venres día 18 de outubro de 2024
- HORARIO: de 10:00 h a 15:30 h.
- TRANSPORTE (*): en función do número de persoas confirmadas e lugares de procedencia, establecerase a cobertura de traslados mediante autobús ou, no seu defecto, mediante aboamento de gastos aos membros de ECOBAS (previa comunicación e especificación dos medios a empregar).
Se precisas dirixirnos unha consulta, escríbenos a