25/10/2023

Encontro científico ECOBAS 2023

ECOBAS celebrará o vindeiro día 25 de outubro en VIGO o seu ENCONTRO CIENTÍFICO 2023 

A cita, á que se convoca a todo o persoal adscrito ao Centro, servirá como espazo de reflexión e encontro, debate e planificación, a través das reunións dos distintos comités de traballo, xa conformados, e outras actividades de carácter científico-técnico que completarán o programa do día.

Podes descargar aquí o pdf co programa detallado da sesión.

A xuntanza, de carácter presencial, terá lugar nesta ocasión no Edificio Redeiras que a Universidade de Vigo ten no centro da cidade olívica.

INSCRICIÓN PECHADA PARA ESTA ACTIVIDADE

Informacións prácticas:

  • LUGAR: Edificio Redeiras. Rúa da Ribeira do Berbés, 11 – 36202 Vigo.
  • DATA: Mércores día 25 de outubro de 2023
  • HORARIO: de 11:00 h a 17:30 h.
  • FORMATO: presencial
  • INSCRICIÓN: Ata o xoves 19 de outubro ás 12:00 horas.
  • TRANSPORTE (*): en función do número de persoas confirmadas e lugares de procedencia, establecerase a cobertura de traslados mediante autobús ou, no seu defecto, mediante aboamento de gastos aos membros de ECOBAS (previa comunicación e especificación dos medios a empregar).

Se precisas dirixirnos unha consulta, escríbenos a