06/11/2025

Economía Circular Local: Prevención, Reutilización e Xestión de Residuos no Sector Textil

Co obxectivo de analizar a modificación da Directiva de Residuos para integrar a Responsabilidade Ampliada do Productor (RAP) no sector textil, así como o borrador do Real Decreto impulsado polo MITECO, e debatir sobre o seu impacto na xestión municipal de residuos, os investigadores de ECOBAS Juan José Pernas e Itzíar Sobrino organizan as “III Xornadas sobre economía circular local: Prevención, Reutilización e Xestión de Residuos no Sector Textil”.
Ademais do repaso ao marco xurídico do sector e ás novedades regulatorias en materia de xestión de residuos, neste encontro daranse a coñecer modelos de xestión de economía circular para produtos téxtiles e calzados usados da man de persoas expertas da administración pública local e tamén do sector privado. Escoitaremos, entre outros, a Ricardo Luis Izquierdo, director xeral de Economía Circular do Ayuntamiento de Fuenlabrada; Juan Ramon Meléndez, director xeral da Asociación para la Gestión del Residuo Textil y el Calzado REVISTE; Albert Alberich, director de Moda-Re; ou Pilar Chiva Rodriguez, directora da área de economía circular da Agencia de Residus de Catalunya. ¡Agardámosvos!

EVENTO PRESENCIAL

  • DATA: Xoves, 6 de novembro, 2025
  • HORARIO: mañá e tarde, de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 h.
  • LUGAR: Edificio Cersia. Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, 15707 – Santiago de Compostela.
  • PRAZAS LIMITADAS.
  • IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN AQUÍ
  • Máis información na web de FEGAMP