ECOBAS volve ao “Xoves Verde 2026”: A importancia dunha economía sostible, con María Loureiro
A Coruña, xoves 19 de novembro, 2026
Club Cámara Noroeste · P.º Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, s/n, 15001 A Coruña
O conselleiro de Medio Ambiente, Nicolás Vázquez, inaugurará a terceira edición deste foro no que se dan a coñecer proxectos galegos respetuosos co medio ambiente e con impacto positivo na sociedade
Baixo o lema “O valor de facer as cousas doutra maneira”, o xornal dixital Quincemil organiza na Coruña por terceiro ano consecutivo o Xoves Verde. O evento, no que se darán cita empresas, persoal investigador e entidades sociais, abordará como diversos proxectos de diferente natureza, todos eles asentados en Galicia, están a trasladar o coidado do entorno a ámbitos como a economía, os servizos urbanos, a alimentación, o transporte, a tecnoloxía e a construción.
Coa sostibilidade como razón de ser e na súa crecente e intensa conexión co tecido empresarial e social, ECOBAS será a primeira das entidades en tomar voz neste encontro, no que a directora científica do centro de investigación interuniversitario, María Loureiro, será a encargada de abrir o panel de conversas. Experta en economía ambiental e dos recursos naturais, a súa intervención xirará en torno á importancia dunha economía sostible nunha charla conducida pola subdirectora de Quincemil, Loreto Peteiro.
A inauguración institucional, coa intervención do Conselleiro de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, Nicolás Vázquez, terá lugar ás 18:45 horas, logo da benvida de Pablo Grandío, director de Quincemil.
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS E INSCRICIÓN (GRATUÍTA)
- DATA e HORARIO: Xoves 19 novembro 2026, de 18:30 a 21:30 h.
- LUGAR: Club Cámara Noroeste · P.º Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, S/n, 15001 A Coruña Ver ubicación
- FORMATO: presencial. IMPRESDINDIBLE INSCRICIÓN no formulario online habilitado polos organizadores.
- ORGANIZA: Quincemil.