05/11/2026

ECOBAS participa no “Xoves Verde 2026”: as claves da descarbonización e a transición enerxética, con Xavier Labandeira

Vigo, xoves 5 de novembro, 2026

Círculo de Empresarios de Galicia · Avda. García Barbón, 62 · De 10.00 a 14.00 h

Conversas e experiencias vinculadas ao territorio agromarán na segunda edición do “Xoves Verde”, un foro no que ECOBAS estará presente para contribuír ao obxectivo de “achegar iniciativas que amosan como a sostibilidade pode traducirse en innovación, oportunidades empresariais e novas formas de producir e xestionar os recursos”.

Como parte do exercicio habitual de divulgación do coñecemento e conexión co tecido empresarial e social, tomará parte nesta xornada Xavier Labandeira, membro do Comité Científico e de Innovación do centro de investigación interuniversitario.

Nunha entrevista conducida polo xornalista Samuel Pérez, o catedrático da UVigo experto en fiscalidade ambiental e transición enerxética compartirá a súa mirada e coñecemento neste ámbito, estratéxico para o futuro das empresas e sectores de actividade que operan no territorio.

INFORMACIÓNS PRÁCTICAS E INSCRICIÓN

INFORMACIÓNS PRÁCTICAS E INSCRICIÓN