ECOBAS EN CULLERCIENCIA 2024
Persoal investigador de ECOBAS acude o vindeiro sábado 8 de xuño á VI edición da feira científica CULLERCIENCIA, un evento que se desenvolve no Concello de Culleredo e no que participan centros educativos de toda Galicia e do resto de España.
Baixo a organización do Club de Ciencia do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo, medio centenar de entidades acuden a esta convocatoria de divulgación da ciencia que se celebra co obxectivo de abrir o labor investigador á sociedade. ECOBAS estará alí cunha ampla delegación de persoal investigador, entre eles, os investigadores principais Manuel Alberto Gómez e Estefanía Mourelle, así como persoal pre e posdoutoral, como Brais Pociña, Noelia Salido e Vanesa Mato.
O stand de ECOBAS ofrecerá, entre outras actividades lúdicas, un xogo de cartas para introducir aos visitantes na teoría de xogos, o reto “canto custa a túa camiseta?”, un puzzle climático sobre a redución da pegada de carbono e un xogo sobre a xestión dos bens comunais. A iniciativa servirá para achegar á mocidade distintos exemplos do traballo de investigación que se desenvolve no eido das Ciencias Sociais.
- DATA: sábado 8 de xuño de 2024
- HORARIO: de 12.00 a 19.00 h
- LUGAR: Culleredo. Explanada do paseo marítimo do Burgo.