02/10/2023

Día da Educación Financeira: xornada AFFE sobre “Os novos activos dixitais”

O desenvolvemento do sector das finanzas e a economía cripto ou descentralizada (DeFi) require que os responsables empresariais adquiran certos coñecementos básicos sobre esta nova tecnoloxía e o seu impacto na actividade das compañías.

As empresas e, en particular, as PEMES e o ecosistema emprendedor, han de prepararse para afrontar os desafíos que se presentan: o euro dixital, as moedas dixitais dos bancos centrais (CBDCs), os NFTs, etc.

XORNADA INFORMATIVA

Novos activos dixitais: aspectos básicos e impacto na actividade empresarial

No marco do Día da Educación Financeira, que se celebra o 2 de outubro, ECOBAS e o Observatorio AFFE, organizan conxuntamente a xornada informativa “Novos activos dixitais: aspectos básicos e impacto na actividade empresarial”, na que se abordarán os principios técnicos elementais para obter unha visión dos cambios que están acontecendo no entorno económico-financeiro, así coma os elementos para seguir capacitándose e afrontar a disrupción dixital.

Coa colaboración do equipo en Galicia do Instituto Español de Analistas e a USC, nesta sesión abordaremos:

  • A transformación dixital das finanzas: Ecosistema Fintech
  • Blockchain. Funcionamento. Bitcoin Whitepaper. Smart Contracts. Token, tokenización e tokenomics. Finanzas descentralizadas (DEFI)
  • Criptoactivos. Tipos. Mercados. NFTs. Metaversos. Wallets.
  • O Euro dixital e os CBDC. Criptodivisas emitidas por Bancos centrais. Diñeiro fiduciario programable.
  • Repercusión da dixitalización financeira na actividade da empresa.

A xornada poderá seguirse tanto de forma presencial (acceso libre) coma online. Accede á aquí á información completa da convocatoria.

INFORMACIÓNS PRÁCTICAS:

  • ASUNTO: Xornada “Os novos activos dixitais: aspectos básicos e impacto na actividade empresarial”
  • LUGAR: Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC. Santiago de Compostela.
  • DATA: Luns, 2 de outubro de 2023.
  • HORARIO: de 18.00 h a 19.30 h