
09/06/2025
Curso Básico SMARTPLS
O Programa de Doutoramento Interuniversitario en Análise Económica e Estratexia Empresarial organiza o Curso Básico SMARTPLS, dirixido tanto ao persoal director de teses coma o alumnado de doutoramento, para abordar, entre outros contidos, modelización con PLS, taxonomía PLS e avaliación de modelos PLS.
Impartida polos profesores Gabriel Alfonso Cepeda Carrión e José Luis Roldán Salgueiro, da Universidade de Sevilla, esta formación servirá como iniciación para o coñecemento das potencialidades e funcionalidades da plataforma SMARTPLS, unha ferramenta que permite modelar relacións complexas entre variables latentes nos procesos de investigación académica. O programa formativo está estruturado en dúas xornadas cun total de dez horas lectivas.