
Curso Avanzado SMARTPLS
O Programa de Doutoramento Interuniversitario en Análise Económica e Estratexia Empresarial organiza o Curso Avanzado SMARTPLS, dirixido tanto ao persoal director de teses coma o alumnado de doutoramento.
Impartida polos profesores Gabriel Alfonso Cepeda Carrión e José Luis Roldán Salgueiro, da Universidade de Sevilla, esta formación permitirá afondar no coñecemento das potencialidades e funcionalidades da plataforma SMARTPLS, unha ferramenta que permite modelar relacións complexas entre variables latentes nos procesos de investigación académica.
Neste programa, estruturado en dúas xornadas cun total de dez horas lectivas, abordaranse construtos multidimensionais, efectos de mediación, variables moderadoras, mediación moderada e análise de endoxeneidade.