17/11/2026

Conferencia “Organizar para crecer: O caso INASUS” | Cátedra de Empresa Familiar UVigo

Nacida en 1970 como un pequeno negocio familiar de carpintería de aluminio, INASUS é a historia dun proxecto empresarial que hoxe desenvolve proxectos integrais de deseño deseño, fabricación e instalación de fachadas para edificios singulares de calquera punto do globo. Proxectos de alta complexidade como a T2A do aeroporto de Heathrow (Londres), a terminal T2B do aeropuerto Charles De Gaulle (París), o edificio The Mercian (Birmingham) ou o novo estadio Santiago Bernabéu (Madrid) levan o seu selo e o seu nome a diversos puntos do globo. 

Para coñecer as claves do seu modelo e o seu proceso de internacionalización, a súa estratexia de crecemento e os retos que encara na actualidade, a Cátedra de Empresa Familiar da UVIGO organiza a conferencia “Organizar para crecer: o caso INASUS”, unha nova actividade de divulgación aberta ao público xeral, que contará coa participación da presidenta da compañía de orixe lalinense, Olalla Cuíña Gómez. 

“Organizar para crecer: o caso INASUS”, con Olalla Cuíña Gómez, presidenta de INASUS.

Informacións prácticas:

  • DATA: Martes 17 de novembro de 2026
  • HORA: 11:00 h.
  • LUGAR: Campus de Ourense – Aula Magna da Facultade de CC. Empresariais e Turismo da UVigo.
  • FORMATO: Presencial. Acceso libre ata completar aforo.
  • Descargar CARTAZ da actividade

Se precisas dirixirnos unha consulta, escríbenos a ecobas@ecobas.gal