10/11/2026

Conferencia “Comunicar na era da IA: Empresas, marcas e persoas” | Cátedra de Empresa Familiar UVigo

A intelixencia artificial está a supoñer unha transformación profunda da economía, con impactos diversos sobre o mercado de traballo, os modelos de negocio, desenvolvemento de tecnoloxías derivadas… E tamén con marcados efectos no patrón das relacións entre os humanos e as máquinas, entre as organizacións e os seus clientes, e mesmo entre as persoas entre si.

Neste contexto, as empresas están chamadas a deseñar e despregar estratexias de adaptación para seguir competindo, agora conforme aos novos códigos de relación e comunicación. A pregunta xa non é se debemos ou non adoptar a IA, senon como facelo para obter a ventaxa competitiva que nos ofrece.

Con este enfoque, a Cátedra de Empresa Familiar da UVIGO, da man das investigadoras de ECOBAS Elena Rivo e Mónica Villanueva organiza a conferencia “Comunicar na era da IA: Empresas, marcas e persoas”, na que a directora xeral de DentsuX, María Álvarez Gómez, explicará como as organizacións deben aproveitar esta tecnoloxía en termos de estratexia dende a perspectiva do marketing empresarial actual.

“Comunicar na era da IA: empresas, marcas e persoas”, con María Álvarez Gómez, directora xeral de DentsuX.

Informacións prácticas:

  • DATA: Martes 10 de novembro de 2026
  • HORA: 11:00 h.
  • LUGAR: Campus de Ourense – Aula Magna da Facultade de CC. Empresariais e Turismo da UVigo.
  • FORMATO: Presencial. Acceso libre ata completar aforo.
  • Descargar CARTAZ da actividade

Se precisas dirixirnos unha consulta, escríbenos a ecobas@ecobas.gal