
20/03/2025
Canto nos custa o cambio climático?
O investigador permanente de ECOBAS e catedrático da Universidade de Vigo, Xavier Labandeira, participa na IV Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático Cidade de Vigo, organizado polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia coa colaboración do Concello de Vigo.
Baixo o título “Canto nos custa o cambio climático?”, Labandeira pechará o programa de conferencias deste ano, que abrangue diversas perspectivas da relación entre as persoas e a montaña e os impactos da actividade humana no medio.
A introdución da conferencia correrá a cargo do investigador permanente de ECOBAS e membro da xunta directiva do Club Peña Trevinca, Gustavo Bergantiño.
Informacións prácticas:
- DATA: Xoves día 20 de marzo de 2025
- HORA: 20:00 h.
- MODALIDADE: Presencial. Acceso libre ata completar aforo.
- LUGAR: Auditorio do Concello de Vigo. Praza do Rei, 1. VIGO.