16/05/2024

AULA ABERTA | Guía práctica para incorporar a perspectiva de xénero na investigación

Xoves 16 de maio ás 12:00h (CET)
Traballas en investigación e aínda non coñeces o Programa Innovatia 8.3? Co apoio do Instituto das Mulleres e a participación de 48 universidades españolas, esta rede está a traballar na creación dun modelo de intervención que integre a perspectiva de xénero nos procesos de transferencia de coñecemento e no proceso de creación de empresas de base tecnolóxica (Spin-off), apostando por incrementar a participación das mulleres en sectores de alto valor engadido.

Contaremos nesta nova edición de Aula Aberta con Eva López Barrio, Licenciada en Ciencias Económicas pola USC. Especializada en análise e a promoción da investigación, desenvolvemento e innovación orientada á creación de spin-offs universitarias lideradas por universitarias, Eva é tamén a responsable do Programa Woman Emprende, ademais de participar como experta no Grupo de Traballo RED.ES sobre Igualdade de Xénero no Ámbito Dixital, do Observatorio Nacional de Telecomunicacións para a Sociedade da Información (ONTSI).

INFORMACIÓN PRÁCTICA

  • Data: xoves 16/05/24
  • Horario: de 12:00 h a 13:30 h
  • Formato: híbrido síncrono.
  • Presencial: Facultade de CC. Económicas e Empresariais – Aula 7 – Campus As Lagoas Marcosende (VIGO)
  • Online a través de Microsoft Teams. IMPRESCINDIBLE REXISTRO PREVIO AQUÍ.
    • Recibirás un correo de confirmación coa ligazón para acceder á retransmisión
    • Recomendamos realizar o rexistro con alomenos 15 minutos de antelación á hora de comezo da actividade