14/03/2025

AULA ABERTA ECOBAS | “O control externo da xestión pública en Galicia”, con Anxo Calvo

Venres 14 de marzo ás 12:45h (CET)

No marco da súa programación de actividades de divulgación, a Aula Aberta ECOBAS celebra o vindeiro 14 de marzo en Vigo a conferencia-coloquio “O control externo da xestión pública en Galicia”, na que contaremos coa intervención de Anxo Calvo, Conselleiro de Contas

Á fronte da área de fiscalización de Institucional no Consello de Contas dende febreiro de 2022, Anxo Calvo Silvosa é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais e profesor titular de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade da Coruña. Foi vicerreitor de Planificación e Estratexia Económica entre 2004 e 2005 e decano da Facultade de Economía e Empresa desde 2011 a 2019 na mesma universidade. Asimesmo ocupou o cargo de director xeral de Industria, Enerxía e Minas na Xunta de Galicia, no período 2005 a 2009.

INFORMACIÓN PRÁCTICA

    • Data: venres 14/03/2025
    • Horario: de 12:45 h a 13:30 h
    • Formato: presencial. Entrada libre ata completar aforo.
    • Presencial: Facultade de CC. Económicas e Empresariais – Aula 4 – Campus As Lagoas Marcosende (VIGO)