Asamblea de lanzamento do ‘Programa de Ciencias Mariñas Galicia’
A Xunta celebra o 27 de xullo na Cidade da Cultura a asamblea de lanzamento da iniciativa de investigación e desenvolvemento tecnolóxico Programa de Ciencias Mariñas de Galicia, que forma parte dos Plans Complementarios previstos na compoñente 17 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Estado. O programa é promovido polo Ministerio de Ciencia e Innovación e as Comunidades Autónomas, en Galicia, a través da Consellería do Mar.
Este Programa de Ciencias Mariñas de Galicia finánciase ao amparo do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation Europe e do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca. Na iniciativa están implicados a totalidade dos organismos públicos de investigación con dedicación ás ciencias do mar en Galicia e as tres Universidades do Sistema Universitario Galego, entre os que se atopan varios investigadores e investigadoras de ECOBAS.