07/10/2025

Apertura Ano Académico ECOBAS 2025/2026

Con motivo do inicio do novo curso académico 2025-2026, o Programa de Doutoramento Interuniversitario en Análise Económica e Estratexia Empresarial e o Mestrado Interuniversitario en Economía celebran con ECOBAS o Acto de Apertura do Ano Académico cun programa aberto ao alumnado de ambas titulacións e toda persoa interesada no desenvolvemento da carreira profesional nos eidos da economía e/ou a empresa.

De máximo interese para a xuventude e profesionais que se están formando teremos a ocasión de coñecer as Oportunidades profesionais en emprendemento, innovación e economía socialda man de Carme Casado Casado, alumni da USC, economista e actual responsable de Promoción Económica e Axenda Urbana 2030 en CERSIA Empresa.

Nesta xornada contaremos ademais coa intervención do prof. Ghasem Zaefarian, Associate Professor of Marketing e Acting Head of the Graduate School-Leeds University Business School, que abordará a súa perspectiva acerca do traballo de investigación baixo presión coa conferencia titulada Researching under pressure: managing stress, teams and productivity in Academia“.

Tamén no transcurso deste acto teremos a oportunidade de coñecer o novo programa de Mestrado Interuniversitario en Economía Circular, que será presentado pola súa coordinadora xeral, Elena Rivo.

INFORMACIÓNS PRÁCTICAS E INSCRICIÓN

Martes 7 de outubro 2025

APERTURA ANO ACADÉMICO ECOBAS 2025/2026

Descarga AQUÍ o PDF co programa DETALLADO

11.00-11.15 Benvida e apertura

11.15-12.00 Conferencia: “Oportunidades profesionais en emprendemento, innovación e economía social”

12.00-12.20 Presentación Programa de Doutoramento Interuniversitario en Análise Económica e Estratexia Empresarial

12.20-13.00 Conferencia: Researching under pressure: managing stress, teams and productivity in Academia

Presentado e moderado por: Pablo Cabanelas, Director Adxunto, ECOBAS

13.00-13.15 Presentación do Mestrado Interuniversitario en Economía Circular

  • 🗣️  Elena Rivo, Coordinadora Xeral do Programa

13.15-13.30 Entrega Diplomas: Alumnado egresado do Mestrado Interuniversitario en Economía

13.30-14.00 Apertitivo-networking