Anticipándonos aos riscos dixitais 👇 Inscrición aberta!
O proxecto estratéxico CIBERECO, liderado pola directora científica de ECOBAS e catedrática da USC María Loureiro, culmina o vindeiro 25 de febreiro coa celebración do CIBERECO Lab.
CIBERECO é investigación de fronteira, feita en Galicia, co obxectivo de contribuír a situármonos na vangarda da ciberseguridade a nivel global.
Tras dous anos de traballo e para acadar este obxectivo, a mirada experta debe volcarse agora nun espazo de intersección útil, onde abordar escenarios reais dende unha perspectiva práctica. CIBERECO Lab ofrecerá esa ventá de oportunidade: unha experiencia única de transferencia de coñecemento e conexión ciencia-empresa-sociedade.
Con este espírito abrimos o prazo de inscrición para a participación gratuita neste foro, o CIBERECO Lab, que terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o mércores 25 de febreiro. Alí daranse cita profesionais da ciberseguridade, responsables empresariais, investigadores da academia, responsables públicos, corpos de seguridade do Estado e tamén representantes da nova xeración de talento mozo que se está a formar nas aulas para coidar da nosa seguridade dixital.
En ECOBAS, como centro de investigación interdisciplinar ocupado no estudo da economía dende a óptica da sostibilidade, abordamos unha ampla axenda temática onde inserimos a análise dos impactos transversais e masivos da disrupción tecnolóxica global en termos socioeconómicos. Por iso queremos convidarvos a asistir a este foro de coñecemento, no que descubrir fórmulas para protexer a vida e os negocios na contorna dixital, a cada paso máis complexa.
👉👉👉 INSCRÍBETE AQUÍ
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS
- LUGAR: Santiago de Compostela. Cidade da Cultura – Edificio CINC.
- DATA: Mércores 25 de febreiro de 2026
- HORARIO: de 9.30 a 18.30 h (consultar programa)
- FORMATO: presencial
- Imprescindible INSCRICIÓN AQUÍ