09/09/2022

Acto de Apertura do Curso Académico 2022-2023

O REITOR MAGNÍFICO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA no seu nome e no dos Reitores Magníficos das Universidades da Coruña e Vigo ten a honra de convidar a Vde. ao solemne acto de Apertura do Curso Académico 2022-2023  que terá lugar o vindeiro venres día 9 de setembro ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.

O discurso inaugural estará a cargo do Prof. Dr. D. José Carlos Bermejo Barrera, catedrático de Historia Antiga, e versará sobre o tema: Información, comunicación e historia.

 

O acto poderase seguir en directo na Canle Youtube da USC, na seguinte ligazón: Acto institucional de apertura de curso 2022-2023 no SUG – YouTube

Máis información