25/10/2023

A paisaxe da investigación en Ciencias Sociais | Antonio Cabrales Goitia

No marco do seu Encontro Científico 2023, ECOBAS ofrecerá en directo, en aberto e mediante emisión en streaming de vídeo, a conferencia

A paisaxe da investigación en Ciencias Sociais

Antonio Cabrales Goitia, doutor en Economía, Catedrático da Universidad Carlos III e premio Rei Jaume I de Economía 2021

Anteriormente catedrático en University College London e na Universitat Pompeu Fabra (UPF), Antonio Cabrales Goitia é vicepresidente executivo da European Economc Association e membro do Consello Asesor Externo de ECOBAS.

Na actualidade, Cabrales é ademais colaborador da Axencia Estatal de Investigación e traballa en teoría de xogos, análise de redes complexas, economía da educación e economía experimental. Editor asociado do Journal of Economic Theory e de Journal of the European Economic Association e SERIEs, ten publicado en revistas como American Economic ReviewJournal of Political EconomyReview of Economic StudiesReview of Financial StudiesManagement Science, e Physical Review Letters.

Esta actividade é de gran interese para toda a comunidade ECOBAS, o alumnado de posgrao dos programas interuniversitarios do SUG Mestrado en Economía e Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial e, en xeral, para todo o alumnado de ADE e de Grao en Economía.