24/03/2022

8M – Ciencia en feminino: streaming aberto en gciencia.com – Con María Loureiro

Xoves 24 de marzo,  19.00h

Mesa redonda – Teitos de cristal na investigación

Reflexión sobre o papel das mulleres en postos claves da investigación, sobre a súa escasa presenza ao fronte de grupos de investigación, as razos que as levan a quedarse no camiño da carreira profesional, a escasa representación de académicas na RAGC ou ao fronte de institucións académicas, etc.

  • Concepción Sánchez Fernández, directora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, Dirixe o grupo de Investigación: Biotecnoloxía de especies forestais e traballa en biotecnoloxía forestal e abioloxia molecular do desenvolvemento.
  • María Luz Loureiro García, é catedrática de Economía da USC. A súa valoración económica de danos ambientais foi utilizado pola Fiscalía no proceso de reclamación xudicial dos danos causados pola vertedura do Prestige. Está entre o 2% superior dos científicos máis citados e predominantes do mundo, según o ranking SciTech Strategies. Este ano será nomeada académica da RAGC. Directora do Centro de Investigación ECOBAS.
  • Lucía Maneiro, CEO da spin-off galega Psico VR, creadora dun software para gafas de realidade virtual (RV) dirixido ao tratamento psicolóxico de fobias, estrés e pánico.
  • Carmela Silva, presideneta da Deputación.

Presenta Begoña Márquez, xornalista

O evento poderase seguir en streaming a través da páxina GCIENCIA.COM