27/09/2022

Xornada do Proxecto PASOS: Presentación do Plan de Acción de promoción da RRI no ámbito mariño

Martes, 27 de setembro ás 11:00 H (CEST)

PROGRAMA:

11.00h – Benvida e apertura institucional

  • Marta Mª Fernández Tapias, delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo
  • Javier Touza, presidente de FUNDAMAR
  • Carlos Hervés, director de ECOBAS

11.20h – Proxecto PASOS: principais resultados e Presentación do Plan de Acción para a Promoción da RRI no Ámbito Mariño a través das Entidades de Economía Social

  • Mª Mercedes Mareque, investigadora principal do proxecto PASOS na UVigo
  • María Caldeiro, xerenta e responsable do proxecto pasos en FUNDAMAR

12.00h – Empezando a dar PASOS no Plan de Acción: mesa de debate, moderada por ICSEM, con representantes das entidades relacionadas co ámbito mariño, centros de investigación e administracións

  • Fabián Ben Conde, director de Proxectos e Innovación da Federación Nacional de Confraría de Pescadores.
  • María del Carmen Chamorro, armadora e redeira, foi a primeira presidenta da Asociación de Armadores de Cerco (ACERGA)
  • Elena Herbello, xerenta do GALP Ría de Vigo-A Guarda
  • Mario Pansera, investigador de ECOBAS e coordinador do grupo Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo
  • Diego Salgueiro, investigador do CIM e membro do grupo Future Oceans Lab da Universidade de Vigo
  • Antonio Sartal, investigador de ECOBAS e membro do grupo REDE da Universidade de Vigo

12.45h – Clausura da xornada

  • Maribel Doval, Vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade da Universidade de Vigo
  • Susana Rodríguez Carballo, Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de Galicia

13.00h – Ágape de confraternización para asistentes á xornada

Se desexas asistir de maneira presencial, por favor enche o formulario. Lembra que tamén poderás seguir o evento en directo a través de UVigoTV.

Inscríbete aquí

Inscrición aberta ata o domingo 25 de setembro. Descarga o cartel e o programa.

PASOS é un proxecto colaborativo desenvolvido pola Universidade de Vigo dende os seus centros de investigación CIM e ECOBAS, e pola Asociación para la Pesca y el Marisqueo (Fundamar). Este proxecto está financiado pola Rede Eusumo, e naceu co obxectivo principal de crear un Plan de Acción para promover a investigación e innovación responsable (RRI) no ámbito mariño, de maneira que se poidan poñer en marcha proxectos e iniciativas de maneira participativa e contando con todos os actores relacionados con este sector.

Esta xornada, na que se presentará este Plan de Acción, é a terceira das organizadas no marco do proxecto e pon o broche ao proxecto PASOS.