Novos Aparatos Ideolóxicos: O patriarcado de vixilancia
Os días 2 e 3 de novembro a Universidade de Vigo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza a cuarta edición do workshop Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado, coa finalidade de reflexionar sobre as novas estratexias ideolóxicas patriarcais.
O seminario do día 2 desenvolverase en formato presencial (edificio de Redeiras da Universidade de Vigo – Rúa da Ribeira do Berbés, 11) e virtual a través de UVigoTV.
O obradoiro do día 3 será só presencial (Facultade de Comercio da Universidade de Vigo (Rúa Conde de Torrecedeira, 105. Vigo). Para acudir ao obradoiro é preciso inscribirse.
Programa:
Día 2 de novembro
10.00 – 10.15 Apertura do acto coas autoridades – Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitor da Universidade de Vigo, Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra
Presentadas por Mari Lires, Científica galega doutora en Química e profesora xubilada da Universidade de Vigo
10.15 – 11.00 Patriarcado e capitalismo dixital – Intervención de Remedios Zafra.
11.00 – 11.45 Pornografía online: unha nova educación na violencia – Intervención de Mónica Alario Gavilán.
11.45 – 12.05 Descanso
12.05 – 12.45 Mesa redonda. Modera Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade da UVigo.
- Elisa García Mingo. A manosfera española e a onda antifeminista: da irreverencia á relevancia política
- Elena Alfageme. Construíndo pensamento crítico: que podemos facer fronte aos discursos negacionistas machistas no mundo dixital
- María Teresa Piñeiro Otero. Se non calas verás. Violencias dixitais contra as mulleres xornalistas
- Alba Alonso Feijoo. Machismo. Temporada 2022/23. En todas as túas plataformas. De pago. Mesmos contidos, diferentes estratexias
12.45 – 13.15 Debate. Interveñen a moderadora e as catro relatoras da mesa redonda.
13.15 – 13.30 Conclusións e clausura. Águeda Gómez, directora da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo eMª Victoria Alonso, deputada de Cultura e Igualdade da Deputación de Pontevedra.
Día 3 de novembro
17.00 – 19.30 Obradoiro – Reescribe o código. Obradoiro de educación en ciberactivismo feminista.
Lugar: Facultade de Comercio da Universidade de Vigo (rúa do Conde de Torrecedeira, núm 105, Vigo, Pontevedra).
Impartido por 7H Cooperativa Cultural