22/03/2022

Conversamos con… Xavier Labandeira: ‘As propostas ambientais do Libro Branco para a reforma do sistema tributario español’

Martes 22 de marzo, 19.00h (CET)

Salón de Actos da Facultade de Comercio (Rúa Conde de Torrecedeira 105, Vigo)
Entrada libre de balde ata completar aforo.

Xavier Labandeira, Catedrático en Economía da Universidade de Vigo e Garante de ECOBAS, é membro do Comité de Persoas Expertas para a Elaboración do Libro Branco sobre Reforma do Sistema Tributario Español, ó que tamén pertence outro dos garantes de ECOBAS, o Catedrático Santiago Lago.

Labandeira compartirá esta xornada connosco para falar sobre o traballo realizado polo Comité e comentar algunhas das cuestións máis relevantes que se recollen no documento, especialmente no relativo ás propostas ambientais, nun evento guiado e moderado polo xornalista económico do Faro de Vigo, Julio Pérez.

O evento poderase seguir tamén virtualmente a través da nosa canle de YouTube.

Enlace do evento para seguir a retransmisión