29/09/2022

Charla científica G-Night: Poonam Pandey

How to be a responsible researcher: Reflections with an interdisciplinary researcher from India

Xoves 29 de setembro ás 10:15h (CEST)

O vindeiro xoves Poonam Pandey, investigadora de Post-Growth Innovation Lab, dará unha charla informativa ós alumnos de 3º e 4º da ESO do Colexio Plurilingüe Don Bosco. Falará sobre como foi a súa traxectoria investigadora multidisciplinar ata agora, a súa experiencia sendo unha muller investigadora na India e sobre a responsabilidade na realidade económica e ecolóxica actual.