08/2024 CHAMADA de ADSCRICIÓN de persoal investigador para novas incorporacións ao Centro Interuniversitario ECOBAS
* Proceso aberto para novas incorporacións
* O prazo para a presentación de expresións de interese estará aberto ata o 20 de setembro de 2024 ás 23:59 horas.
* É requisito para a tramitación das candidaturas a presentación da solicitude mediante o formulario habilitado en liña.
O Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS, beneficiario da Convocatoria de axudas aos centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia (Resolución do 19 de abril de 2024 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional), vén de ser nomeado Centro Colaborativo “na senda da excelencia, por unha investigación punteira de calidade feita en Galicia”, contando a partir desa data co cofinanciamento da Unión Europea (no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027).
A política de incorporación á entidade baséase nun sistema de adscrición individual co obxectivo de abrir as portas a aqueles investigadores e investigadoras, de calquera ámbito científico, que desenvolvan liñas de traballo compatibles coa axenda científica do Centro e que desexen integrarse nel.
O presente proceso está dirixido a profesorado dos corpos docentes universitarios, profesorado contratado doutor, profesorado axudante doutor, profesorado emérito, persoal investigador posdoutoral contratado a cargo de convocatorias de recursos humanos competitivas (Ramón y Cajal, Juan de la Cierva formación e incorporación, Beatriz Galindo, Marie Curie, Posdoutoral Xunta, etc.), persoal investigador distinguido e outras figuras equivalentes.
DESCARGA AQUÍ AS BASES DA CHAMADA Á ADSCRICIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR DE ECOBAS 2024
ACCEDE AQUÍ AO FORMULARIO ONLINE PARA PRESENTACIÓN DE EXPRESIÓNS DE INTERESE