Convocatoria 2026: Apoio á mobilidade do persoal investigador de ECOBAS
👟Deprazamentos realizados entre o 1 de marzo e o 30 de setembro de 2026
⏳ Prazo de solicitudes: aberto ata o 15 de setembro de 2026 ás 23:59 h
Con data 14 de abril de 2026 o centro de investigación interuniversitario ECOBAS publica a Convocatoria 2026 de Apoio á mobilidade do persoal investigador de ECOBAS co obxectivo de co-financiar desprazamentos a destinos fóra de Galicia que non conten con outra fonte de financiamento e que se realicen ou que tivesen lugar entre o 1 de marzo de 2026 e o 30 de setembro de 2026, promocionando o desenvolvemento das liñas estratéxicas da Axenda Científica do centro e contribuindo ao impulso da súa proxección e prestixio científico.
- PERSOAS DESTINATARIAS: persoal investigador membro adscrito de ECOBAS
- Finalidade das viaxes:
- Participación activa en congresos científicos nacionais ou internacionais
- Estadías curtas para actividades de investigación
- Participación en actividades formativas de curta duración, relacionadas cos obxectivos estratéxicos establecidos no Plan de Acción de ECOBAS
📥 Bases da convocatoria 2026
✏️ Anexo I. Formulario de Solicitude.
✏️ Anexo II. Memoria da realización do desprazamento.
✏️Certificate of Attendance.
A presente convocatoria está financiada fondos FEDER procedentes das axudas para a concesión da acreditación de excelencia e para o apoio aos centros de investigación do SUG.