Bolsas de inicio á investigación no centro ECOBAS 2025/2026
🗓️ Prazo de solicitudes: do 7 de abril ata o 7 de maio de 2026
O centro de investigación interuniversitario ECOBAS convoca un máximo de 6 bolsas de iniciación á investigación para promover a incorporación de estudantado interesado na carreira investigadora, facilitando a súa formación teórica e práctica, así como a adquisición de novas capacidades e destrezas que permitan o desenvolvemento da competencia investigadora no ámbito de traballo da Axenda Científica de ECOBAS.
A contía individual máxima da bolsa será 1.125€, a cal estará suxeita á retención de IRPF que estableza a normativa vixente nesta materia.
Poderá solicitar bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado/a no curso 2025/2026 nalgunha das seguintes titulacións:
- Máster universitario en Economía da Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo na totalidade dos créditos.
- Máster universitario en Economía Circular da Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo na totalidade dos créditos.
- Na totalidade de créditos que resten para finalizar algún dos seguintes graos matriculados na Universidade da Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo: Grao en Administración e Dirección de Empresas / Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte / Grao en Ciencias Empresariais / Grao en Ciencias Políticas / Grao en Comercio / Grao en Comunicación Audiovisual / Grao en Dereito / Grao en Dirección e Xestión Pública / Grao en Economía / Grao en Educación Social / Grao en Empresa e Tecnoloxía / Grao en Pedagoxía / Grao en Periodismo / Grao en Psicoloxía / Grao en Publicidade e Relacións Públicas / Grao en Relacións Internacionais / Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos / Grao en Socioloxía / Grao en Turismo / Grao en Xestión Industrial da Moda
b) Ter unha nota de expediente académico, no caso de estudos de Grao ata o curso 2024/2025 segundo se recolle no RD 1125/2003, ou de acceso no caso de estudos de Máster universitario, igual ou superior a 7 puntos.