26/11/2026

En marcha BioMatching, a plataforma colaborativa para proxectos empresariais innovadores

Empresas, centros de coñecemento, persoas emprendedoras, teñen á súa disposición unha nova ferramenta xeneradora oportunidades de colaboración no marco da bioeconomía en Galicia e o Norte de Portugal

Conectar oferta e demanda, fomentar a creación de sinerxias e impulsar a conexión ciencia-empresa, favorecendo a transferencia de coñecemento entre ambos mundos, son os obxectivos da iniciativa

Preto dun centenar de profesionais de diversas entidades veñen de incorporarse no lanzamento da plataforma BioMatching, a nova ferramenta colaborativa desenvolvida no marco do BioTransfer_GNP, o proxecto transfronteirizo impulsado e liderado por ECOBAS para o desenvolvemento da bioeconomía na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Desenvolvida para promover a formación de consorcios no noso territorio, BioMatching é un espazo dixital de encontro xa operativo e a disposición de todas as organizacións que integran o ecosistema biocircular, ou queren entrar a formar parte del.

Empresas, startups, centros de investigación, centros tecnolóxicos e universidades teñen ao seu alcance a posibilidade de conectar para compartir coñecemento, plantexar retos, idear solucións innovadoras e explorar novas oportunidades de negocio.

Publicar necesidades, identificar oportunidades, establecer contactos estratéxicos e localizar o socio idóneo para un proxecto empresarial no marco da bioeconomía son os aspectos clave que as empresas e entidades verán cubertos de maneira doada e totalmente gratuíta.

Para beneficiarse desta iniciativa e formar parte do ecosistema para o impulso da bioeconomía e a economía circular, unicamente é necesario realizar o rexistro gratuíto na plataforma 👉 https://www.b2match.com/e/biomatching-biotransfer.

Máis info:

BioMatching é unha das accións enmarcadas no proxecto BioTransfer, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional (FEDER) no marco do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027.