25/11/2026

Isabel Neira presentará os avances do proxecto BioTransferGNP nunha xornada colaborativa para empresas e axentes de I+D

No marco da xornada de “BioMatching” organizada pola Axencia Galega de Innovación e o clúster BIOGA

Empresas, centros de coñecemento e outros axentes de innovación están chamados a sumarse a esta sesión orientada á xeneración de oportunidades innovadoras

A coordinadora de transferencia do centro de investigación da economía e a empresa, Isabel Neira, presentará o mércores 25 de novembro en Santiago os avances do proxecto BioTransferGNP para o impulso da bioeconomía e a circularidade na eurorrexión.

No marco dun encontro organizado pola Axencia Galega de Innovación e BIOGA como socios do consorcio, a xornada irá orientada a impulsar novas iniciativas e xenerar novas oportunidades de colaboración, con especial foco posto nas pemes, startups, spin-offs e axentes de I+D.

Dirixida a empresas, centros de coñecemento e entidades do ecosistema bioeconómico e biotecnolóxico, a xornada comezará cunha sesión informativa sobre as novas axudas de innovación GAIN 2027 a cargo do director da área de servizos de GAIN, Carlos Sánchez Vecino.

De seguido dará comezo a primeira dinámica colaborativa da mañá, coa celebración dunha sesión práctica para a búsqueda de proxectos colaborativos innovadores. As empresas poderán permitirá identificar oportunidades, definir posibles ideas de proxecto e explorar sinerxias con outras entidades para empezar a configurar consorcios e propostas de colaboración coas que concurrir a estas axudas.

Xa no espazo reservado para a “Xornada BioMatching”, a partir das 12 h, coñeceremos da man de Isabel Neira os principais avances e achegas do proxecto transfronteirizo BioTransfer. Entre eles, as persoas participantes terán a oportunidade de coñecer a plataforma de BioMatching desenvolvida por BIOGA, unha plataforma especificamente deseñada para conectar necesidades, capacidades e oportunidades de colaboración dentro do ecosistema.

Froito da primera experiencia coa plataforma, que se atopa xa a disposición das empresas interesadas en localizar e establecer contactos estratéxicos para explorar potenciais colaboracións. as persoas asistentes a esta xornada terán a oportunidade de celebrar in situ as primeiras reunións bilaterais presenciais.

Informacións prácticas:

Se precisas dirixirnos unha consulta, escríbenos a ecobas@ecobas.gal