07/11/2026

ECOBAS en “Abastos de Ciencia”: Imos a experimentar coa ciencia da UDC

A Coruña, sábado 7 de novembro, 2026

A Universidade da Coruña estrea a iniciativa “Abastos de Ciencia”, un evento con múltiples actividades para achegar o coñecemento científico á cidadanía.

No Mercado de San Agustín, de 11h a 14h, un equipo de ECOBAS ofrecerá a proposta ECOLAB: con Manuel Gómez Suárez e Estefanía Mourelle Espasadin, o noso obradoiro amosará ás persoas participantes como non todas as economías responden igual cando cambian as condicións. Poderás experimentar con diferentes combinacións de factores de produción e descubre como a elasticidade de substitución pode impulsar, ou limitar, o crecemento económico.

“Abastos de Ciencia”, enmarcado na iniciativa InPacto da UDC, contará con persoal investigador de todos os centros de investigación e diversas facultades, estará aberto a todo o público e combinará conversas científicas e obradoiros con espazos gastronómicos e un concerto de Carmela.

As propostas abranguen ámbitos moi diversos, desde a saúde e a evolución humana ata a informática, a intelixencia artificial, a computación cuántica e a enxeñaría. Economía e sostibilidade, almacenamento de enerxía renovable, educación, saúde, divulgación histórica… son algúns dos eixos temáticos das múltiples actividades que ofrecerá este evento.

A través de xogos, experimentos científicos, observación, reflexión e participación, o público poderá coñecer estratexias para o manexo da artrose de xeonllo, descubrir como se aplican os algoritmos ao estudo do sono ou explorar os principios da mecánica cuántica.

ℹ️Máis información: Noticias UDC