ECOBAS participa no “Xoves Verde 2026”: as claves da descarbonización e a transición enerxética, con Xavier Labandeira
Vigo, xoves 5 de novembro, 2026
Círculo de Empresarios de Galicia · Avda. García Barbón, 62 · De 10.00 a 14.00 h
Conversas e experiencias vinculadas ao territorio agromarán na segunda edición do “Xoves Verde”, un foro no que ECOBAS estará presente para contribuír ao obxectivo de “achegar iniciativas que amosan como a sostibilidade pode traducirse en innovación, oportunidades empresariais e novas formas de producir e xestionar os recursos”.
Como parte do exercicio habitual de divulgación do coñecemento e conexión co tecido empresarial e social, tomará parte nesta xornada Xavier Labandeira, membro do Comité Científico e de Innovación do centro de investigación interuniversitario.
Nunha entrevista conducida polo xornalista Samuel Pérez, o catedrático da UVigo experto en fiscalidade ambiental e transición enerxética compartirá a súa mirada e coñecemento neste ámbito, estratéxico para o futuro das empresas e sectores de actividade que operan no territorio.
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS E INSCRICIÓN
- DATA e HORARIO: Xoves 6 novembro 2026, de 9:30 a 14:00 h.
- LUGAR: Sede do Círculo de Empresarios de Galicia · Avda. García Barbón, 62 – 36201 Vigo
- ASISTENCIA: presencial. IMPRESDINDIBLE INSCRICIÓN no formulario online habilitado polos organizadores.
- ORGANIZAN: Treintayseis e Círculo de Empresarios de Galicia.