23/10/2026

Conferencia-Coloquio con Jordi Nieva, catedrático de Dereito Procesal da UB

Santiago de Compostela, 23 de outubro 2026 ás 18 h (CET)

No marco do seu programa de Portas Abertas, ECOBAS organiza unha xornada de análise para abordar o debate que se está a producir no seo da xudicatura en España, nun contexto no que relevantes cargos das administracións públicas son investigados en relación coas súas actividades profesionais, obxecto de máximo interese e seguemento mediático, importantes implicacións na vida política e ampla repercusión social.

Cales son os límites deontolóxicos das actuacións de xuíces nos procesos de instrución? Como determinar os excesos, os abusos de autoridade? A cidadanía ten que percibir que os poderes públicos actúan debidamente, segundo a súa función. Que papel xoga a ideoloxía nos actos procesais?

Jordi Nieva, Catedrático de Dereito Procesal da Universitat de Barcelona, analizará a fondo estas cuestións na a conferencia que impartirá baixo o título “A presunción da inocencia e a liberdade de prensa” o vindeiro venres 23 de outubro nun acto aberto á participación da cidadanía, que levaremos a cabo no Auditorio do Museo das Peregrinacións, en Santiago de Compostela.

A investigadora de ECOBAS, catedrática de Dereito Internacional Privado, Laura Carballo, moderará este acto no que abriremos unha mesa-coloquio na que contaremos tamén coa participación de José Sixto, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, onde imparte, entre outras materias, a asignatura Deontoloxía xornalística e sistemas de gobernanza.

INFORMACIÓNS PRÁCTICAS

  • DATA: Venres 23 de outubro, 2026
  • HORARIO: de 18 a 20 h.
  • LUGAR: Auditorio do Museo das Peregrinacións >> Praza de Praterías, 2 – Santiago de Compostela.
  • INSCRICIÓN: Envía os teus datos a través do seguinte formulario online.