02/10/2026

ECOBAS participa co CINBIO na VII edición de Falemos de Ciencia en Igualdade

Vigo, venres 2 de outubro, 2026

A directora científica de ECOBAS, María Loureiro, e a investigadora e membro do comité de Igualdade do Centro Interuniversitario, Coral del Río, impartirán sendas ponencias na séptima edición do foro “Falemos de ciencia en igualdade”,  unha iniciativa do CINBIO que dende o ano 2020 busca promover unha comunicación de ciencia máis inclusiva e equitativa no ámbito científico así como fomentar a visibilización das mulleres científicas.

Nesta acción formativa, desenvolvida e patrocinada no marco das axudas da Unidade de Igualdade da UVigo, o panel de expertas abordará aspectos como a segregación por sexo como fórmula de perpetuación da desigualdade; os sesgos de xénero na adopción de tecnoloxías sostibles; ou a perspectiva de xénero nos artigos científicos no ámbito da saúde, entre outros.

VII EDICIÓN “FALEMOS DE CIENCIA EN IGUALDADE”

09.30 Benvida e presentación

09.45 Segregación por sexo e perpetuación da desigualdade

  • 🗣️ Coral del Río, catedrática da Universidade de Vigo e investigadora garante de ECOBAS, onde é membro do comité de igualdade do centro.

10.30 Benestar, inestabilidade laboral e xénero na Sociedade Española de Astronomía

  • 🗣️ Isabel Rebollido Vázquez, astrofísica, divulgadora e participante no grupo de estudo de igualdade de xénero da Sociedad Española de Astronomía (SEA).

11.15 Pausa-café e networking

11.45 Participación e sesgos de xénero na adopción de tecnoloxías sostibles

  • 🗣️ María Loureiro, catedrática no Departamento de Fundamentos da Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e directora científica de ECOBAS, ademais de membro da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia. O pasado 8M foi recoñecida co Premio “Mulleres de Compostela 2026” pola súa contribución persoal e profesional.

12.30 Perspectiva de xénero nos servizos de urxencias e nos artigos científicos

  • 🗣️ Iria Miguéns Blanco, doutora especialista en Medicina de Urxencias e Emerxencias no Hospital Clínico de Santaigo de Compostela. A súa tese de doutoramento está centrada na fenda de xénero en medicina.

13.15 Coloquio aberto

  • Modera: Verónica Salgueiriño, líder do grupo de Nanomateriais Híbridos e membro do Comité de RRI, Igualdade e non discriminación do CINBIO.
  • Participan: Isabel Rebollido, María Loureiro e Iria Miguens

INFORMACIÓNS PRÁCTICAS E INSCRICIÓN

  • DATA e HORARIO: Venres 2 de outubro 2026, de 9:30 a 13:30 h.
  • LUGAR: Campus Universitario de Vigo, As Lagoas – Marcosende. Praza de Miralles, s/n. Sala de Formación do Espazo INCUVI.
  • ASISTENCIA: presencial. IMPRESDINDIBLE INSCRICIÓN no formulario habilitado aquí.