01/10/2026

📢 CALL for Papers 📢 18º Congreso Internacional de Turismo

Co foco posto no Turismo Transfrointeirizo, a Universidade de Vigo e ECOBAS son este ano entidades coorganizadoras do ITC’26, encontro científico anual do Centro de Investigación, Desarrollo e Innovación en Turismo (CiTUR)

📅 1-2 de outubro, 2026 📍 VIGO

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais UVigo

Esta 18 edición do Congreso Internacional de Turismo, ITC’26, centrará o seu foco no potencial, capacidades e proxección do sector turístico como ferramenta para o desenvolvemento sostible nas rexións fronteirizas entre España e Portugal, integrando a economía circular, a economía social e as empresas familiares.

Tomando como exemplo o Minho, un territorio cunha identidade compartida, empresas familiares no sector e experiencias circulares (gastronomía, recursos fluviais, roteiros, patrimonio), analizarase o potencial e vías futuras de crecemento, así como o crecente interese internacional polos destinos transfronteirizos como laboratorios de sostibilidade.

Esta conferencia está financiada polo proxecto VISIT_RIO_MINHO_PLUS. A inscrición é gratuíta, igual que a participación nas actividades académicas e de ocio, para todas aquelas persoas que presenten un resumo ou un artigo completo.

📚 MULTIDISCIPLINARIEDADE E INTERCAMBIO 📊

O ITC’26 reunirá a persoal investigador dos diferentes ámbitos da sostibilidade no turismo transfronteirizo, a hostelaría e a restauración, e convida a responsables da administración pública, líderes empresariais e profesionais que desexen debater e compartir as súas experiencias sobre as tendencias máis recientes neste eido.

O programa incluirá aportancións dende múltiples disciplinas: economía, xestión empresarial, socioloxía, xeografía, estudos culturais, ciencias ambientais e tecnoloxía, recollendo a multiperspectiva e a naturaleza complexa na que se conceptualiza o sector.

📢 DATAS RELEVANTES

  • Límite para envío de resumos ampliados: 30 de xuño de 2026
  • Notificación de aceptación a autores: 10 de xullo de 2026
  • Inscrición: 31 de xullo de 2026
  • Data límite para envío de artígos completos: 10 de setembro de 2026
  • Celebración do Congreso: 1 e 2 de outubro de 2026

ℹ️ Visita a web oficial do ITC’26