
Publicada resolución parcial de axudas ECOBAS 2026 para a realización de actividades de I+D+i
Con data 5 de xuño de 2026, a comisión de avaliación da convocatoria de axudas ECOBAS para a realización de actividades de I+D+I reuniuse de modo virtual e resolveu conceder unha axuda á solicitude que se detalla a continuación:
- Congreso / CBIM International Conference 2026 / IP: Cabanelas Lorenzo, Pablo
Como unha oportunidade para promover e apoiar a realización de actividades de I+D+I que posibiliten por parte do persoal investigador de ECOBAS o desenvolvemento das liñas estratéxicas da Axenda Científica do centro, a “Convocatoria 2026 de Axudas ECOBAS para a Realización de Actividades de I+D+I”, publicada en réxime de concorrencia competitiva, continúa aberta:
- PERSOAS DESTINATARIAS: persoal investigador membro adscrito de ECOBAS
- TIPOLOXÍA DE ACTIVIDADES FINANCIABLES:
- Reunións científicas: Congresos, Workshops e Conferencias, Cursos, Mesas redondas, Charlas divulgativas.
- Cursos de verán.
🗓️ Novas solicitudes: ata o 1 de setembro de 2026 ás 23:59 h
DOCUMENTACIÓN DA CONVOCATORIA
📥 Bases da convocatoria 2026
✏️ Anexo I. Formulario de Solicitude.
✏️ Anexo II. Declaración de axudas.
A presente convocatoria conta co financiamento de fondos da Consellería de Educación, Ciencia Universidades e Formación Profesional.
Máis información: ecobas@ecobas.gal