Presentación do informe “Diagnose da economía social en Galicia”
Co gallo do Día da Economía Social Galega, a nosa investigadora Elena Rivo estará en Santiago de Compostela para presentar o informe “Diagnose da economía social en Galicia: retos e oportunidades”, do que é coautora xunto con Mónica Villanueva, tamén investigadora de ECOBAS, ambas da Universidade de Vigo.
O estudo ofrece unha visión actualizada e operativa do sector no noso país, prestando especial especial atención á súa presenza, potencial e desafíos no ámbito local e municipal. Durante a presentación teremos a oportunidade de afondar na súa evolución e tendencias, achegándonos a través deste traballo aos retos estruturais e ao coñecemento dos sectores con potencial estratéxico identificados.
📅 Venres, 29 de maio 2026 🕛 De 12:00 h a 14:00 h
📍 Evento presencial en Santiago de Compostela – Hotel OCA Puerta del Camino (ubicación)
Este acto, organizado polo Foro pola Economía Social Galega, FOROESGAL, será un espazo de reflexión e impulso colectivo arredor dun modelo económico máis xusto, sostible e centrados nas persoas, contará con representación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e dará comezo ás 12.00 horas no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago de Compostela.