Pint of Science: Por que temos ideas de esquerdas ou de dereitas?
Charla de divulgación científica de ECOBAS no Festival Pint of Science
Martes 19 de Maio de 2026, 20.00h (CET)
Bar Árnica | Rúa de Herrerías – A CORUÑA
Milleiros de científicos espallarán o seu saber dende hoxe e ata o vindeiro mércores 20 de maio na rúa, nos bares, cafetarías, pubs e outros espazos públicos abertos á cidadanía. Así é como o Festival Pint of Science, no que ECOBAS volverá a estar presente un ano máis, chegará esta semana a máis de 500 cidades de 27 países arredor do mundo.
No caso de Galicia, o investigador de ECOBAS e profesor da UDC Fernando Bruna, explicará na Coruña como a ideoloxía política ademais de guiar decisións profesionais, emocionais, de hábitos, de consumo, de voto… Tamén afecta á felicidade. Será na charla titulada “Por que temos ideas de esquerdas ou de dereitas?”.
A presentación, baseada no artigo académico “Alén do egoísmo: a interacción de renda e valores humanos na ideoloxía dos europeos“, permitiranos coñecer os principais determinantes da orientación política (á esquerda ou á dereita) de 30 mil cidadáns europeos, segundo se auto-sitúen nunha escala de 0 a 10, entre os polos de esquerda e dereita. As regularidades dos datos amosan unha diversidade de perfís políticos, o que é chave para entendérmonos como individuos e como sociedades democráticas.
Bruna, Fernando (2025): Beyond selfishness: the interacting effect of income and human values on Europeans’ ideology. Applied Economics 57(51), 8471-8485.
Fernando Bruna é profesor titular de crecemento económico e economía espacial na UDC, e membro do ECOBAS Interuniversitary Research Center. É licenciado en Ciencias Económicas, Graduado en Socioloxía e en Ciencias Políticas, Máster en Modelización Económica aplicada, e Doctor en Economía. A súa investigación ubícase na intersección das ciencias sociais coa xeografía e os métodos estatísticos.
Completan o cartel deste martes 19 de maio no Bar Árnica o investigador Víctor Noriega Concepción (INIBIC) coa charla “Cómo expliCAR-T la revolución que se avecina” sobre terapias avanzadas para o tratamento de enfermidades; e Nuria Mondéjar González (IEO-CSIC), co tema “En el océano ¿convivir o competir?”.
Dispoñible toda a información do Pint of Science 2026 na web oficial do festival