1ª Mesa de traballo do proxecto PASOS (Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable – RRI – no Ámbito Mariño a través das Entidades de Economía Social)

27 de abril de 2022

PROGRAMA:

10.30h – Benvida e apertura da xornada (Mercedes Mareque, Investigadora Principal do proxecto na UVigo)

10.40h – Breve presentación das persoas participantes

10.50h – Contextualización da actividade:

  • Presentación da actividade realizada ata a data no marco do proxecto (María Caldeiro, Xerenta de FUNDAMAR)
  • ¿Que é a RRI? (Mario Pansera, Investigador da Universidade de Vigo experto en RRI)
  • Rolda de preguntas

11.20h – Introdución da dinámica de traballo e creación dos grupos (Carlota Barañano, ICSEM)

11.30h – Pausa café

11.50h – Realización de dinámica de traballo por grupos interinstitucionais*

12.50h – Posta en común das conclusións dos grupos de traballo e debate

13.15h – Avaliación e peche da xornada

(*) Realizaranse grupos nos que haberá persoas de distintas entidades e perfís e, co apoio dunha persoa do equipo PASOS que exercerá un rol de moderación e guía da dinámica, establecerase un diálogo para responder a dúas cuestións principais, sempre en relación ó contexto do ámbito marítimo-pesqueiro: ‘¿Onde nos atopamos?’ e ‘¿Onde queremos ir?’

O obxectivo xeral desta mesa de traballo é consensuar, dende as diferentes visións das persoas interesadas, ​​os retos e necesidades da Economía Social do sector mariño e a súa integración no contexto da RRI (Investigación e Innovación Responsable).

Se desexas participar nesta actividade, por favor enche o seguinte formulario (os campos marcados cun * son obrigatorios). Se tes algunha dúbida, envía un correo electrónico a

    ¿Tes experiencia na participación en dinámicas colaborativas e/ou mesas de traballo deste tipo?