OBXECTIVOS

O plan de traballo de ECOBAS para os vindeiros anos aséntase sobre 6 obxectivos:

1

Exercer un liderago científico no eido das ciencias sociais a través da diferenciación, a especialización, e a investigación de fronteira.

ECOBAS aspira a contribuír ao avance científico do coñecemento e a converterse nun centro de recoñecido prestixio internacional a través da promoción dunha investigación de calidade e a excelencia científica.

2

Captar e potenciar o talento investigador, asegurando o relevo e o crecemento sustentable do propio centro, e apoiando á nova xeración de investigadores e investigadoras líderes de ECOBAS.

‘O talento atrae ó talento’ será unha máxima a aplicar no desenvolvemento da actividade do Centro e no establecemento das nosas estratexias, servindo a incorporación e promoción do persoal investigador de excelencia coma reclamo para atraer novo talento.

3

Fomentar e potenciar a formación de calidade e a internacionalización.

A capacidade formativa é unha peza fundamental na engranaxe dun Centro de Investigación coma ECOBAS, sendo moi importante a mellora continua dos plans docentes e de posgrao, a posta en marcha de novas formacións capaces de dar resposta ás necesidades e demandas da comunidade académica e da sociedade, e o establecemento de alianzas cos centros internacionais de referencia.

4

Promover a visibilidade do Centro e mellorar o seu posicionamento e recoñecemento internacional

O recoñecemento de ECOBAS a nivel internacional, e o establecemento de alianzas con centros de recoñecido prestixio serán aspectos clave a ter en conta no desenvolvemento do noso plan estratéxico.

5

Acadar un maior impacto e proxección social

ECOBAS proponse producir coñecemento para dar solucións ós problemas e necesidades da sociedade, desenvolvendo unha investigación aliñada coas prioridades da contorna e coas principais axendas autonómicas, nacionais e europeas, tendo en conta ós axentes socioeconómicos, divulgando e promovendo a actividade do Centro, e despregando unha política de ciencia aberta (open science) que propicie a inclusión e participación da cidadanía.

6

Posicionarse coma un centro de referencia en sustentabilidade.

ECOBAS converterase nunha marca recoñecida e recoñecible, posicionándose no campo da investigación, a docencia, a innovación e a transparencias de coñecemento, ata  ser unha das principais referencias rexionais, nacionais e internacionais no eido da sustentabilidade económica, social e ambiental.