
22/12/2022
Bo Nadal de parte de ECOBAS
O 2022 será un ano memorable para ECOBAS, no que teñen acontecido fitos moi salientables, algúns dos cales quixemos recoller neste boletín. Pero o máis importante de todos eles é, sen dúbida, o de termos incorporado ás 137 persoas investigadoras e xestoras que na actualidade integramos este Centro.
Queremos agradecervos a todas e todos o traballo que facedes e o apoio que prestades a este proxecto, que xa está a reescribir a historia das ciencias sociais en Galicia e que, de seguro, o fará máis alá das nosas fronteiras.
Unha forte aperta,
Carlos, María e Emma