
14/04/26
Aberta a convocatoria de axudas de mobilidade 2026 para o persoal investigador
Deprazamentos realizados entre o 1 de marzo e o 30 de setembro de 2026
Con data 14 de abril de 2026 o centro de investigación interuniversitario ECOBAS publica a Convocatoria 2026 de Apoio á mobilidade do persoal investigador de ECOBAS co obxectivo de co-financiar desprazamentos a destinos fóra de Galicia que non conten con outra fonte de financiamento e que se realicen ou que tivesen lugar entre o 1 de marzo de 2026 e o 30 de setembro de 2026, promocionando o desenvolvemento das liñas estratéxicas da Axenda Científica do centro e contribuindo ao impulso da súa proxección e prestixio científico.
📥 Bases da convocatoria 2026
✏️ Anexo I. Formulario de Solicitude.
✏️ Anexo II. Memoria da realización do desprazamento.
✏️Certificate of Attendance.
A presente convocatoria está financiada fondos FEDER procedentes das axudas para a concesión da acreditación de excelencia e para o apoio aos centros de investigación do SUG.